Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xardíns como refuxio contra o cambio climático

Xardíns como refuxio contra o cambio climático

A natureza pode converterse na mellor aliada contra a calor. E hai xardíns precisamente deseñados para loitar contra esas temperaturas extremas que están detrás do cambio climático

Allariz colleu esta temática para celebrar a décimo quinta edición do Festival Internacional de Xardíns

G24.gal 14/07/2025 21:22 Última actualización 14/07/2025 21:34

Un xardín árido que invita á reflexión e un banco de sementes que incitan á esperanza.

Solucións naturais contra o cambio climático, ese é o lema deste ano nesta décimo quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Doce proxectos, como este renacer das cinzas, onde coñecemos o poder rexenerador da natureza fronte á devastación.

E se falamos de vida, neste festival tamén temos que falar de auga. Cun xardín deseñado para xestionala de maneira sostible nun contexto de cambio climático.

Lugares de acubillo para a cidadanía salpicados de arte que nos invitan a coñecer o paisaxismo que chega dende diferentes partes do mundo.

Un punto de encontro para os amantes da arte e da natureza distribuídos en máis de 37.000 metros cadrados que poderemos visitar ata outubro. O FIXA segue a ser o único festival destas características en todo o Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade