Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alivio térmico na Costa da Morte e na Mariña lucense

Alivio térmico na Costa da Morte e na Mariña lucense

As temperaturas non alcanzan os trinta graos en Malpica e en Foz non pasan de vinte e cinco

G24.gal 10/08/2025 14:34

En moitos puntos da provincia da Coruña ao carón do mar están por baixo dos trinta graos. Todos, pero especialmente os turistas que nos visitan estes días, agradecen e celebran esta moderación térmica.

O cabo de Santo Adrián é un punto privilexiado para observar desde a distancia a vila de Malpica, un deses lugares do litoral galego onde non abafan coa calor. Aquí, e tamén noutras localidades da Costa da Morte como Laxe, Muxía ou Camariñas, os termómetros mantéñense en temperaturas que convidan a gozar sen agonías da praia e da paisaxe.

A maioría dos visitantes proceden de Madrid e do sur da Península e recoñecen sentirse uns privilexiados aquí, lonxe da asfixiante calor os seus lugares de orixe. Sucede igual a Mariña lucense, onde as temperaturas se moven entre os vinte e catro graos de Foz ou Barreiros e os vinte e sete de Viveiro. O mercurio seguirá dando respiro no comezo da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade