Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sortea un remolque de 4.592 botellas de cervexa polo aniversario da súa cafetería

Sortea un remolque de 4.592 botellas de cervexa polo aniversario da súa cafetería

A dona do establecemento, situado en Pobra de San Xiao, en Láncara, reparte as rifas entre os seus clientes

O agasallo está valorado en tres mil euros e será o 1 de agosto cando se coñeza o gañador, nunha festa con música en directo

G24.gal 14/07/2025 18:57 Última actualización 14/07/2025 20:39

Caixas e caixas de cervexa vai carretar Neurka ata xuntar 4.592 botellas.

Son as que sorteará mediante rifas que reparte entre os seus clientes.

Explica Neurka Fernández, a promotora desta iniciativa, que "sorteamos un remolque de cervexas valorado en tres mil euros o 1 de agosto. Fixen vinte cinco mil rifas para dar durante dous meses e xa van repartidas algo máis de dezaseis mil".

Os clientes están encantados coa iniciativa.

O que non están é sorprendidos porque en anteriores aniversarios esta hostaleira que ten o seu negocio en Pobra de San Xiao, en Láncara,  xa fixo varios sorteos pouco comúns.

Asegura Neurka que "sorteei dous burros, unhas vacas cachenas, mil euros en efectivo e o ano pasado un remolque de leña".

O gañador coñecerase o día 1 de agosto, nunha festa con música en directo. Terá para beber case trece cervexas ao día durante un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade