Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home duns 80 anos ao envorcar o tractor en Cualedro

Falece un home duns 80 anos ao envorcar o tractor en Cualedro

Foi un particular o que avisou os servizos de emerxencia tras ver á vítiman o chan

O persoal sanitario desprazado só puido confirmar o falecemento da vítima O persoal sanitario desprazado só puido confirmar o falecemento da vítima
G24.gal 21/05/2025 19:16 Última actualización 21/05/2025 20:04

Un home duns 80 faleceu na tarde deste martes nun accidente co tractor que conducía. Parece que envorcou. Foi en Rebordondo, no concello ourensán de Cualedro. Un particular avisou os servizos de emerxencias ao ver o vehículo agrícola envorcado.

Un veciño que viu á vítima tendida no chan chamou ao 112 para informar da situación e solicitar axuda.

#AXEGAInforma dun home falecido
📍Rebordondo, #Cualedro

▶️A vítima puido sufrir un accidente co seu tractor
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Verín, @guardiacivil pic.twitter.com/mq8e6ouWye

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a intervención dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín e dos axentes da Garda Civil.

Xa no punto, o persoal sanitario desprazado só puido confirmar o falecemento da vítima. Pola súa banda, os bombeiros sinalaron que non foi necesario empregar material para recuperar o corpo, porque estaba liberado e accesible.

Ademais, os servizos de emerxencias explicaron que, polo estado do tractor, parecía que envorcara e que puido dar varias voltas de campá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade