Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado un menor ferido tras un accidente cun tractor en Carballo

Evacuado un menor ferido tras un accidente cun tractor en Carballo

O  menor circulaba cun vehículo agrícola acompañado dun familiar cando caeu ao chan e unha das rodas do tractor pasoulle por enriba dunha perna

G24.gal 29/05/2025 10:08

Un menor quedou ferido e foi evacuado ao hospital tras verse implicado nun accidente cun tractor en Carballo 

O 112 Galicia informou este mércores de que un particular avisou ás 16:45 horas de que un tractor pasara por encima da perna dun neno nunha leira situada no lugar do Paraíso.

O  menor circulaba cun vehículo agrícola acompañado dun familiar cando caeu ao chan e unha das rodas do tractor pasoulle por enriba dunha perna.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou ou protocolo correspondente e solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como a Garda Civil, a Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.

Aínda que o helicóptero chegou a desprazarse ata ou punto do accidente, finalmente o menor foi evacuado consciente en ambulancia a un centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade