Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o condutor dun vehículo que se foi fóra da vía e envorcou, en Cerceda

Morre o condutor dun vehículo que se foi fóra da vía e envorcou, en Cerceda

O único vehículo implicado acabou envorcado no quilómetro 19 da AC-413, na parroquia de Rodís

G24.gal 13/09/2025 14:07

Unha persoa morreu a primeira hora da tarde deste sábado nun accidente de tráfico na parroquia de Rodís, en Cerceda.

O único vehículo implicado acabou envorcado no quilómetro 19 da AC-413. Uns particulares chamaron a Emerxencias 112 Galicia minutos antes das 13 horas. As persoas que comunicaron o sinistro sinalaron que a persoa que viaxaba no interior podía estar atrapada.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Cerceda.

Ata o punto tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias.

Finalmente comprobouse que o implicado estaba liberado e accesible, mais nada se puido facer pola súa vida.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade