Detidos tres presuntos implicados na descarga do alixo de 1.000 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal
Detidos tres presuntos implicados na descarga do alixo de 1.000 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal
Os tres detidos, de nacionalidade colombiana, foron arrestados por axentes da Policía Local da Pobra na tarde do sábado
A aprehensión do alixo de cocaína produciuse de madrugada preto dunha gasolineira situada nas aforas da Pobra.
Na operación, que segue aberta, participaron axentes do Greco de Pontevedra e da Policía Nacional de Vigo e Ribeira
A Policía Local da Pobra do Caramiñal detivo a tres persoas presuntamente relacionadas coa descarga do alixo de 1.000 quilos de cocaína, aprehendida polo Grupo de Resposta Especial contra o Crime Organizado (Greco), na madrugada deste sábado. Os tres detidos son de nacionalidade colombiana.
As detencións producíronse arredor das catro da tarde no lugar de Virxe do Monte, na estrada que comunica a Pobra con Santa Cruz de Lesón.
Segundo fontes coñecedoras do caso, os tres detidos, de nacionalidade colombiana, foron trasladados á comisaria da Policía Nacional de Ribeira para ser interrogados por axentes do Greco, o Grupo de Resposta contra o Crime Organizado.
Momento da detención dos tres presuntos implicados no alixo de cocaína
Alixo de 1.000 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal
Os axentes do Greco Galicia da Policía Nacional incautáronse dun alixo de máis de 1.000 quilos de cocaína no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal.
A aprehensión do alixo de cocaína producise de madrugada nos arredores desta gasolineira situada nas aforas da Pobra, moi preto do polígono industrial da Tomada.
A droga acababa de ser descargada nunha praia do concello. Os narcotraficantes intentaban fuxir dos axentes encargados da operación, cando o remolque do vehículo no que transportaban a droga envorcou nunha curva.
Fuxiron deixando atrás os fardos de cocaína. A operación, que está xudicializada e baixo segredo do sumario, segue aberta. Ademais de membros do Greco de Pontevedra, participan nela axentes da Policía Nacional de Ribeira e de Vigo.
Momento en que a policía detén os tres presuntos implicados na descarga do alixo de coca na Pobra do Caramiñal