Afúndese en Mauritania o pesqueiro de capital galego Tafra 3 e cinco dos tripulantes están desaparecidos
Afúndese en Mauritania o pesqueiro de capital galego Tafra 3 e cinco dos tripulantes están desaparecidos
O pesqueiro Tafra 3 é da armadora Baipesca, de capital vigués, con base en Nuadibú
O Tafra 3 afundiuse este venres á noite tras ser alcanzado polo buque factoría Right Whale, con pavillón de Gambia e capital ruso
Son 21 superviventes e cinco desaparecidos, de nacionalidade mauritana, aos que están buscando
O Tafra 3 foi construído no ano 2001, é de capital mixto de Vigo e Mauritania, ten bandeira de Mauritania e ten a base en Nuadibú. Pertence á armadora Baipesca, de capital vigués.
No momento do afundimento, as 20:40 hora española, estaba pescando en augas mauritanas, fronte a Nuadibú. Ésta é a zona na que normalmente pescan as empresas mixtas con capital galego-mauritano e outras mixtas españolas.
O Tafra 3 afundiuse despois de ser alcanzado polo buque factoría Right Whale. Este buque ten bandeira de Gambia e o capital da armadora é ruso.
Hai 21 superviventes neste afundimento, segundo diversas informacións, pero hai cinco desaparecidos aos que están buscando; ao parecer son de nacionalidade mauritana. O ao rescate da tripulación acudiron os pesqueiros Tafra 2 e o Rimbal 5.
A colisión do buque 'Right Whale', de capital ruso, provocou unha gran brecha no costado de estribor do 'Tafra 3' --que, ao parecer, estaba atopábase en manobra-- o que fixo que se afundise dunha maneira moi rápida.
Así mesmo, na zona atópanse diferentes barcos de capital galego que colaboran na procura. Salvamento Marítimo solicitou aos seus homólogos MRCC Mauritania a actualización de operacións de procura e están á espera de recibir información sobre o operativo.
Pola súa banda, o consulado está en contacto desde o primeiro momento para facilitar todos os trámites necesarios para que poidan volver a España.
.png)