Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellada en Melide unha rede criminal especializada en roubos con forza

Desartellada en Melide unha rede criminal especializada en roubos con forza

A Garda Civil detivo un dos supostos integrantes e investiga outros cinco como presuntos autores de once delitos contra o patrimonio

G24.gal 13/09/2025 12:10 Última actualización 13/09/2025 12:51

A Garda Civil desartellou un grupo criminal especializado en delitos de roubo con forza no marco da operación Leonino II–Kinburg, iniciada en  novembro do ano pasado tras constatarse un incremento destes delitos en establecementos da comarca de Santiago.

Segundo informa a Benemérita, o modus operandi era sempre o mesmo: subtraían un vehículo dunha marca e modelo determinado en poboacións próximas ao obxectivo, perpetraban o roubo e logo abandonaban o coche no monte para dificultar a súa localización.

Tras meses de investigación, lograron identificar os presuntos integrantes da rede, coñecidos das forzas de seguridade, e localizaron a súa base, establecida no concello de Melide.

Escopeta de caza

Durante o rexistro domiciliario, atoparon diversos efectos, entre eles unha escopeta de caza co número de serie borrado, roubada na localidade de Boimorto.

A Garda Civil detivo un dos supostos integrantes do grupo e investiga outros cinco como presuntos autores de once delitos contra o patrimonio, un delito de pertenza a grupo criminal e un delito de tenza ilícita de armas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade