Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha parella en Santiago por 20 roubos en vehículos

Detida unha parella en Santiago por 20 roubos en vehículos

A Policía relaciónaa tamén con estafas bancarias e o roubo de varios coches 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 08/07/2026 12:11

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela unha parella acusada de cometer unha vintena de roubos no interior dos vehículos e varias estafas bancarias, ademais doutros delitos. 

A investigación comezou tras se detectaren, desde mediados de maio, numerorosos roubos en distintos barrios da cidade. Os detidos rompían as ventás dos coches para subtraer os obxectos de valor do seu interior e posteriormente utilizaban tarxetas bancarias roubadas para realizar compras.

O home foi arrestado na madrugada do 28 de xuño cando ciruclaba nun dos vehículos denunciados como subtraídos. A investigación permitiu tamñen recuperar diversos efectos, que xa foron devoltos aos seus propietarios. 

Ata o momento, atribúenselle 20 roubos con forza no interior de vehículos, catros estafas bancarias, tres roubos ou furtos de uso de vehículos ou furtos no interior de vehículos, un delito de receptación e outro de danos. Ambos foron postos á disposición do Xulgado de Garda de Santiago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade