Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta abrirá en Monforte o primeiro centro específico para acoller menores migrantes, con 80 prazas

A Xunta abrirá en Monforte o primeiro centro específico para acoller menores migrantes, con 80 prazas

A conselleira de Política Social anunciou que a Xunta continúa buscando localizacións para a dotación de novos recursos

Fabiola García lamenta a imposición do Goberno central no traslado de 317 menores

Denuncia a conselleira que os traslados non van acompañados de fondos para afrontar a acollida, que se calcula que suporá un desembolso de ata 30 millóns de euros ao ano

Edificio no que se vai instalar o novo centro específico de menores migrantes en Monforte Edificio no que se vai instalar o novo centro específico de menores migrantes en Monforte
G24.gal 13/09/2025 12:01 Última actualización 13/09/2025 12:21

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou esta mañá que Monforte de Lemos acollerá o primeiro centro específico para menores estranxeiros que se abrirá en Galicia para afrontar o traslado impulsado polo Goberno central.

O novo centro estará instalado no edificio residencial Francisco Suárez que PRODEME ten en Monforte. O centro inicialmente vai dispoñer de 80 prazas.

Fabiola García agradeceu, durante a visita ás instalacións, a colaboración da entidade social e lamentou que a imposición do executivo central obrigara á Xunta "a facer o que non quería, crear centros específicos para menores estranxeiros”, modificando o seu sistema de protección da infancia e adolescencia.

Fabiola García denunciou, ademais, que o traslado destes menores non vai acompañado de financiamento, pese a que, segundo os cálculos realizados polo Goberno galego, atender a todos os adolescentes terá un custo aproximado de ata 30 millóns de euros ao ano. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade