Cargando resultados...
Falece un home nun accidente de tractor en Becerreá
O accidente produciuse na parroquia de Guilfrei

G24.gal
14/06/2025 20:35
Falece un home nun accidente co seu tractor en Becerreá, Lugo. Segundo informa o 112 Galicia, o home morreu durante a tarde deste venres tras sufrir un accidente co seu tractor na parroquia de Guilfrei, no concello de Becerreá.
O accidente produciuse ao redor das 11:15 da mañá. A esa hora foi cando Emerxencias de Galicia recibiu o aviso duns particulares. Informaban de que, tras botaren en falta un veciño, o atoparan xa falecido a carón do seu tractor.
Ata o lugar do accidente desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia e a Garda Civil, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima do accidente.