Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha persoa ao caer por un terraplén no concello da Veiga

Falece unha persoa ao caer por un terraplén no concello da Veiga

A vítima camiñaba pola estrada OU-0856, á altura da parroquia de Prada

G24.gal 13/09/2025 14:05

Unha persoa faleceu no concello da Veiga ao caer por un terraplén mentres camiñaba pola estrada OU-0856. Foi ao mediodía, á altura do quilómetro 9, na parroquia de Prada. Segundo informa o 112, no momento do aviso a vítima permanecía inconsciente.

Membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Veiga encargáronse do rescate e practicáronlle manobras de reanimación sen éxito. O persoal médico do 061 só puido confirmar o seu falecemento.

Urxencias Sanitarias mobilizou un helicóptero con base en Ourense. No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil e voluntariado de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade