Publicador de contidos

Publicador de contidos

Faleceu o motorista que a semana pasada sufrira un accidente en Sandiás

Faleceu o motorista que a semana pasada sufrira un accidente en Sandiás

É o primeiro accidente mortal dunha motocicleta no que levamos de ano na provincia ourensá

G24.gal 28/05/2025 13:41

O sinistro produciuse o xoves da semana pasada na estrada C-536, ao seu paso pola localidade ourensá de Sandiás. A motocicleta que conducía bateu lateralmente contra un vehículo.

Como consecuencia do accidente o motorista e a súa acompañante sufriron feridas graves e foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e o condutor do vehículo saíu ferido leve da colisión.

É o primeiro accidente mortal dunha motocicleta no que levamos de ano na provincia ourensá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade