Bate contra catro turismos aparcados, deixa o coche e foxe
A Policía Local de Ourense identificou a través do seu coche o condutor
Vaia desgusto levaron os propietarios de catro coches que estaban aparcados na zona da Alameda de Ourense cando chegaron e viron a desfeita. Na madrugada do domingo, un coche bateu contra eles e, o máis curioso, o condutor deixou o coche abandonado e fuxiu.
A Policía Local de Ourense conseguiu identificar horas despois o condutor que provocou o accidente. Segundo declarou, quedou durmido, pero seguen investigando as estrañas circunstancias do sinistro. É algo común: accidentes contra coches aparcados nos que os causantes escapan, nalgúns casos é o consorcio de seguros o que ten que finalmente facerse cargo dos danos.
Neste sinistro, ao deixar o coche, si deron co condutor e, de non cometer delito, é o seu seguro é o que en circunstancias normais se faría cargo.