Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas dúas persoas en Murcia acusadas de roubar en seis vivendas de Verín

Detidas dúas persoas en Murcia acusadas de roubar en seis vivendas de Verín

Os roubos cometéronse o día de fin de ano

Tras forzar portas e xanelas, levaron 5.000 euros en efectivo e xoias 

G24.gal 13/05/2025 12:45

A Garda Civil detivo este luns en Murcia dúas persoas acusadas de seis delitos de roubo con forza en primeiras vivendas no municipio ourensán de Verín o 31 de decembro de 2024 e pertenza a grupo criminal nun operativo que se enmarca na investigación na que xa foi detido outro home o pasado mes de marzo.

Segundo detallou o Instituto Armado, os detidos acudiron á localidade ourensá onde, tras fixar as vivendas obxectivos do roubo e observar a rutina dos moradores, organizaron os roubos ocorridos o día de fin de ano.

Tras forzar portas e xanelas, accederon ao interior dos inmobles e apoderáronse de 5.000 euros en efectivo e xoias.

Nun rexistro practicado na vivenda dun dos detidos, a Garda Civil incautouse de xoias e dunha videoconsola, que poderían estar relacionada cos feitos que son obxecto de investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade