Publicador de contidos

Publicador de contidos

A muller que se tirou pola ventá no Barco tiña no peito coiteladas previas

A muller que se tirou pola ventá no Barco tiña no peito coiteladas previas

Horas antes da traxedia acudira ao cuartel da Garda Civil a pedir información para separarse

As testemuñas escoitaron un berro de auxilio e viron como a vítima se tiraba ao baleiro dende un cuarto andar

G24.gal 22/05/2025 13:54 Última actualización 22/05/2025 14:13

Ela tampouco estaba no sistema VioGén, porque non denunciara, pero problemas si que había. Confírmano amigos da vítima e tamén o feito de que a muller estivera só unhas horas antes no cuartel da Garda Civil do Barco, pedindo información para a separación. Mesmo parece que comprara os billetes ou quería compralos para volver a Colombia, a súa terra, onde segue vivindo a nai.  Polo visto, a el non lle gustou esa decisión e discutiron. 

Segundo contaron varias testemuñas, escoitaron un berro pedindo auxilio e xa viron como a muller corría cara á terraza e se lanzaba ao baleiro dende un cuarto andar. Despois sóubose que tiña varias coiteladas no peito. Quixo fuxir do horror, pero as lesións da caída foron fatais.

Polo menos o fillo da parella, de só cinco aniños, non estaba na casa. De momento, alleo ao drama familiar, está cun amigo do colexio. A avoa vén de camiño, para facerse cargo da situación.

A vítima ten 35 anos. O seu agresor, 43. Levaban ano e medio vivindo no Barco, despois de pasar outros catro en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade