Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doce deseños contra o cambio climático no festival de xardíns de Allariz

Doce deseños contra o cambio climático no festival de xardíns de Allariz

A mostra inaugurouse este sábado e estará aberta ata setembro

Ocupa 40.000 metros cadrados á beira do río Arnoia

G24.gal 18/05/2025 21:04 Última actualización 18/05/2025 21:25

Os efectos do cambio climático e as chamadas á concienciación social por un mundo máis sostible, centran este ano as propostas do festival internacional de xardíns de Allariz, que acaba de inaugurar a edición deste ano.

A visita aos xardíns artísticos instalados á beira do río Arnoia lévanos por terreos áridos, onde malia todo renace a vida, ou por refuxios para a vexetación máis rica.

Amósannos as feridas que o lume causa na natureza. As rochas espidas pola seca e a deforestación. Unha ruta polos efectos da contaminación e a destrución.

Con todo, antes de quedarmos pechados nunha gaiola de tolos, exploremos novos vieiros guiados pola esperanza. Outro mundo é posible. A reciclaxe e a restauración do equilibrio natural crean un xardín de oportunidades.

Doce deseños, dous deles rescatados do ano anterior compoñen a proposta do festival nesta décimo quinta edición. Participan paisaxistas de América do Sur, Madrid e Galicia.

Ten un oco tamén o creado polos alumnos de secundaria de Allariz. A loita contra o cambio climático como tema de partida. Para que a natureza non remate enmarcada nun cadro inerte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade