Katy Perry, cabeza de cartel do Son do Camiño 2026
É a primeira artista confirmada para neste festival que se celebrará o próximo mes de xuño en Santiago
Os abonos poñeranse á venda o venres 17 de outubro ás 12 do mediodía
.jpg)
A artista Katy Perry foi confirmada este martes como a primeira cantante que encabezará o cartel do festival O Son do Camiño, que se celebrará o próximo xuño en Santiago de Compostela.
Tras anunciar a semana pasada as súas datas oficiais para 2026, os días 18, 19 e 20 de xuño no Monte do Gozo, O Son Do Camiño revelou esta mañá a través das súas redes sociais o primeiro nome do seu cartel.
Katy Perry é a PRIMEIRA GRAN CONFIRMACIÓN para a próxima edición 🎆, preparada para arrasar o Monte do Gozo como só unha auténtica estrela do pop pode facelo!
— O Son Do Camiño (@OSonDoCamino) October 14, 2025
🎡 VENDA DE ABONOS: VENRES ÁS 12H 🎡 pic.twitter.com/JJ7nBs2H2F
Segundo indican os organizadores, Katy Perry será unha das grandes protagonistas da nova edición deste festival, ao ser considerada “unha icona global, referente da cultura pop e unha das artistas femininas máis influentes do século XXI".
Os abonos para a edición de 2026 poñeranse á venda o vindeiro venres 17 de outubro ás 12 do mediodía.