O Son do Camiño remata cos concertos de artistas galegos e a cabeza de cartel Lola Índigo
O Monte do Gozo volveuse ateigar na última xornada do festival
Ortiga, Carlangas ou Guitarricadelafuente foron algúns dos artistas que subiron ao escenario
"Xa con menos forzas que o primeiro día, pero seguimos aguantando. Hai que darlle duro. Son tres días, hai que aproveitalos", di un dos asistentes.
Houbo moito que aproveitar para bailar e pasalo ben nas últimas horas do Son do Camiño deste 2026. Tras descansar pola mañá os festivaleiros volveron a ver os artistas xa pola tarde.
"De xente, espectacular; o ambiente, moi bo, e o tempo... espectacular tamén", comenta un mozo.
"Galicia en estado puro. Festa, boa xente, boa comida e boa bebida", engade outro.
"A verdade é que viñemos con poucas expectativas este ano, pero estanse superando bastante. Moi contentos", recoñece unha rapaza que tampouco perdeu ningún concerto.
Moita variedade de estilos musicais que fixeron que todos gozaran.
"Sendo realista, a min a verdade que Likin Park non me gusta pero hoxe Ortiga encantoume , paseino moi ben", afirma outro asistente.
"Katy Perry, moi ben; Likin Park, tamén xenial; todos os cabezas de cartel e agora estamos esperando por Lola Índigo", responde outra festivaleira.
Música de galegos como Ortiga ou Carlangas, e os premiados Guitarricadelafuente e Lola Índigo son o colofón do festival, sen faltar por suposto os DJ e a música electrónica.