Ghaleb Jaber e Gema Neira, premios Talento 2025
Ghaleb Jaber é o fundador e presidente da produtora galega CTV
Gema Neira, ferrolá, é guionista en Bambú Producións
Os premios Talento concédeos a Academia de Televisión para recoñecer a profesionais que contribúen ao valor do audiovisual detrás das cámaras
Ghaleb Jaber
O fundador da produtora galega CTV, Ghaleb Jaber, e a guionista de Bambú Producións, a ferrolá Gema Neira son dous dos galardoados cos Premios Talento 2025. A Academia de Televisión recoñece así a excelencia de profesionais que contribúen ao valor do audiovisual desde detrás da cámara.
Os premios Talento da Academia son propostos polos académicos e votados anualmente pola Xunta Directiva.
Gema Neira
Entre os premiados están tamén o rexedor Fernando Castelló, a directora de casting de Shine Iberia, Esther González; o director de Fotografía Óscar Montesinos; a xefa de Contidos de Castela-A Mancha Media, Idoia Bilbao ou director xeral de RTVA, Juan de Dios Mellado.