Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia real entrega os Premios Princesa de Girona; o galego Manuel Bouzas, entre os galardoados

A familia real entrega os Premios Princesa de Girona; o galego Manuel Bouzas, entre os galardoados

O arquitecto pontevedrés recibiu o recoñecemento na categoría de Arte

A Fundación Princesa de Girona xurdiu hai 15 anos para axudar os mozos a superar barreiras

G24.gal 23/07/2025 21:25 Última actualización 23/07/2025 21:46

É a primeira vez que se celebra esta cerimonia no Gran Teatro do Liceu, en Barcelona. E é a primeira vez en oito anos que conta coa presenza do presidente da Generalitat.

Os Premios Princesa de Girona recoñecen o esforzo, a creatividade e a dedicación daqueles mozos que, co seu talento, contribúen ao progreso e a transformación da sociedade.

Os seis premiados teñen entre 30 e 35 anos. Un deles é o arquitecto galego Manuel Bouzas, que levou o Premio Princesa de Girona Arte e lembrou na súa intervención que eles forman parte da xeración das crises, pero defendeu que iso é unha oportunidade. 

"Nunca houbo un momento máis emocionante para ser novo, de verdade que o creo; porque hoxe o mundo xa non necesita boas respostas, hoxe o mundo necesita mellores preguntas", sinalou Bouzas.

A princesa Leonor, con boa parte do seu discurso en catalán, celebrou a contribución dos premiados ao progreso e á transformación da sociedade.

"Co entusiasmo para conseguir mellorar a vida das persoas", subliñou a herdeira ao trono.

Tamén Filipe VI empregou o catalán na súa intervención. 

"Que o talento que celebramos esta noite anime os mozos a crer en si mesmos como nós cremos neles", desexou o rei.

A Fundación Princesa de Girona naceu hai 15 anos para axudar os máis novos a superar as barreiras que atopan ao se incorporar á sociedade. A cerimonia desta edición contou coa participación de Andrés Iniesta e ofreceu a presentación en directo dun tema musical dedicado aos municipios de Valencia que sufriron a dina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade