A galega Ángela Luz Banzas, finalista no premio Planeta 2025 coa novela 'Cuando el viento hable'
A obra gañadora desta edición do Planeta foi 'Vera, una historia de amor' Juan del Val

A escritora galega Ángela Banzas resultou finalista no premio Planeta 2025 coa súa obra 'El Color de la Lluvia'.
A obra gañadora desta edición do Planeta foi 'Vera, una historia de amor' Juan del Val.
Natural de Santiago de Compostela, Ángela Banzas naceu o 12 de maio de 1982. Estudou Ciencias Políticas da Administración na Universidade de Santiago e tamén cursou o Máster de Administración de Empresas na Escola Europea de Negocios de Madrid.
Banzas dedicouse profesionalmente ao ámbito da consultoría de Administración Pública, pero a súa paixón pola escrita levouna a destinar tamén o seu tempo a dar vida ás súas historias.
En 2021 viu publicada a súa primeira novela, O silencio das ondas. Nela narra a historia de Adela Roldán, unha muller que ve mudar a súa vida cado o pesadelo recorrente que a atormenta desde nena a conduce a unha pequena vila de Galicia, onde intentará investigar a natureza do seu soño.
O 74.º Premio Planeta de Novela, dotado cun millón de euros para a obra gañadora e 200.000 euros para a finalista, fallouse este mércores ás 23.00 horas nunha gala literaria no Museu Nacional d'Art de Catalunya (MNAC), en Barcelona.
O Premio Planeta 2025 recibiu nesta edición 1.320 orixinais, marca histórica de participación, nun ano no que se habilitou a presentación de manuscritos de forma telemática, e de todos eles seleccionáronse dez finalistas.
As dez novelas finalistas abordan temas como a vivenda, a soidade e a necesidade de comunicación, así como a necesidade de reconstrución persoal e colectiva e o trauma individual e social, e nalgúns casos incorporan elementos de corte fantástico.