Incéndiase un tren na estación de Santiago e unha persoa sofre queimaduras nas mans
O convoi estaba baleiro cando se orixinou o lume, sobre as 22:30 horas
As lapas queimaron a parte baixa do tren e o resto quedou afectado polo fume
O incidente provocou atrasos en catro trens de media distancia e un Avlo
Os bombeiros lograron sufocar con éxito na noite deste venres o incendio orixinado nun tren na estación de Santiago de Compostela. O convoi estaba baleiro.
Ocorreu pouco antes das 22:30 horas. Segundo informa o 112, durante a extinción alertaron o servizo de urxencias de que unha persoa sufrira queimaduras nas mans, polo que tivo que ser trasladada ao hospital.
No operativo participou tamén o GES de Brión e o de Padrón, ademais da Policía Nacional e a Local. Ardeu a parte baixa do tren e o resto quedou afectado polo fume.
O incendio orixinou atrasos en catro trens de media distancia e un Avlo entre Madrid e A Coruña.