O molde utilizado para refacer o faro de Burela convértese en obra artística da man de David Catá
A baliza estragárase por mor dun temporal hai once anos
O interior da estrutura reproduce o azul inmenso do mar e a importancia do sector na localidade mariñá
Chantada en terra, ao pé do mar, esta estrutura é o molde que serviu para refacer o faro de Burela, que se estragou co temporal de 2014. O interesante está no interior.
Explica o autor da obra, David Catá, que "esta intervención artística mestura pintura con música".
Tal é a importancia desta baliza, que figura no escudo municipal. Era unha reclamación popular que se dotase de vida.
A intervención reproduce o azul inmenso do mar, a importancia dos encaixes e do mundo mariño, representado por unha rede da que se pendurarán os recordos que cada un queira relacionados con el. Leva por título "a pel do mar".
Indica David Catá que "na pal se marcan todas as nosas vivencias e é unha forma de pór en valor a nosa memoria".
Unha razón máis para visitar Burela.