Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os monicreques cobran vida en Santiago de Compostela

Os monicreques cobran vida en Santiago de Compostela

O festival internacional Galicreques cumpre trinta anos espallando a maxia do teatro de bonecos

Xeracións de avós e netos comparten a mesma afección pola maxia da representación teatral

As actividades do festival continuarán toda a semana

G24.gal 12/10/2025 15:08

A ilusión e a maxia da representación volve un ano máis a Santiago de Compostela a través de Galicreques, o festival de teatro de bonecos que conta co público máis esixente do mundo. Este ano Galicreques cumpre trinta anos de traxectoria. 

"Temos avós que viñeron cos seus fillos e agora traen os netos, ou rapaces que acudiron ao festival de pequenos e agora veñen cos seus fillos. É moi satisfactorio ver que formamos parte dunha comunidade", conclúe Jorge Rey, director do Festival Internacional Galicreques.

Para celebrar a efeméride o festival inclúe todo tipo de actividades teatrais, musicais e culturais, con especial atención aos seres máxicos picariños nas que ata poden aprender a crear os seus propios monicreques en obradoiros dedicados.

"É unha función moi sinxela para as crianzas. Primeiro aprenderen estar entretidos e traballar concentrados e despois aprender un pouco do que é un monicreque, as articulacións, como funciona. Todo en papel, moi sinxelo. Cortar, facer a montaxe e despois poden brincar na casa, poden facer xogos de teatro, de todo", conta Rui Sousa, encargado do obradoiro de monicreques.

As actividades culturais tamén forman parte de Galicreques, que hoxe dedicou a súa programación a Portugal. Pero a ilusión non remata hoxe, porque o festival seguirá dando vida aos monicreques con funcións toda a semana.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade