Detido o home que presuntamente lle pegou dous disparos á súa exmuller en Verín
A vítima é unha muller de 35 anos que foi ingresada en estado grave no Complexo Hospitalario de Ourense
O agresor é un home de 36 anos natural de Xinzo de Limia
O home foi detido contra as oito da tarde na comarca de Monterrei
A Garda Civil detivo arredor das oito da tarde na comarca de Monterrei o home que presuntamente disparou varias veces contra a súa ex-muller no barrrio do Primeiro de Maio contra as tres da tarde deste domingo.
Os veciños do barrio, que escoitaron os disparos, foron os que avisaron ao 112, Emerxencias de Galicia. Cando cheagaron, a muller estaba con vida e trasladárona ao Hospital Comarcal de Verín.
A vítima chegou ao hospital con dous impactos de bala, un deles aloxado a altura do peito. En vista da gravidade, o equipo médico que atendeu optou por trasladala ao Complexo Hospitalario de Ourense. O estado da muller, este domingo pola tarde, era grave pero estable.
A vítima é unha muller de 35 anos que non estaba dentro do sistema de protección de violencia de xénero, segundo confirman as fontes consultadas da Garda Civil.
O suposto agresor, ao que busca a Garda Civil, sería a súa exparella; un home de 36 anos natural de Xinzo de Limia.
Coñecidos os feitos e dada a proximidade da fronteira, a Garda Civil tamén alertara aos axentes da Guarda Nacional Republicana de Portugal para que cooperen na busca do home.
