Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o marido da muller que caeu ao baleiro no Barco

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o marido da muller que caeu ao baleiro no Barco

A xuíza acordou a cadea preventiva polo risco de fuxida

Recoñece a agresión previa pero desvincúlase da caída da muller

Un grupo de veciños increpan o home á entrada e saída dos xulgados

Paso a disposición xudicial do detido
G24.gal 22/05/2025 17:24 Última actualización 22/05/2025 17:46

A titular do Xulgado de Instrución 2 do Barco de Valdeorras acordou a prisión provisional, comunicada e sen fianza para o marido da muller que caeu desde un cuarto piso fuxindo da agresión machista.

A muller tiña varias coiteladas no peito e permanece hospitalizada en estado grave. 

A xuíza considera que a falta de arraigamento do home na localidade eleva o risco de fuga ante a gravidade do delito e a posible pena á que se enfronta. A investigación reforza a agresión previa á caída.

Non transcendeu a declaración do home perante a xuíza, pero no cuartel confesou que agredira a súa parella durante unha discusión que, asegura, se lle foi das mans. Pero desvinculouse da caída da muller desde a vivenda á rúa.

Un grupo de cidadáns alporizados agardaban nos exteriores dos xulgados do Barco a chegada do presunto agresor da muller que se precipitou ao baleiro desde a súa vivenda. Berráronlle asasino e desvergoñado cando entrou.

Os insultos repetíronse cando o furgón abandonaba o recinto con destino ao cárcere. Mesmo se viviron momentos de tensión e tivo que intervir a Garda Civil para impedir que se achegaran o vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade