Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano sen auga potable en Gudín, onde ata os animais lles dan de beber auga mineral

Un ano sen auga potable en Gudín, onde ata os animais lles dan de beber auga mineral

O concello de Xinzo de Limia serve cada quince días garrafas de auga, pero din que non lles chega a nada

Hai moitos veciños que, ante problemas de saúde, xa nin se duchan coa auga da traída

Apuntan á incorrecta xestión dos xurros das granxas como a causa da contaminación

G24.gal 21/05/2025 14:33

Máis dun ano levan en Gudín, unha aldea do concello de Xinzo de Limia, sen poder empregar a auga da traída para beber, cociñar nin para ducharse. Teñen que mercar litros e litros de auga mineral ata para darlles de beber aos animais. O problema, apuntan, débese a que está contaminada con bacterias polos xurros das numerosas granxas de porcos.

A principios de maio do ano pasado comezaron a sentir que cheiraba mal e tiña un color amarelado. As numerosas analíticas que encargaron amosan efectivamente que a auga non é apta para o consumo pola presenza de varias bacterias perigosas. Algúns veciños apuntan a problemas de pel por ducharse coa auga da traída como as doenzas máis leves.

Ante estes problemas de saúde hai veciños que mesmo xa nin empregan a auga da traída para ducharse e teñen que carrear litros e litros porque as garrafas que lles serve o Concello de Xinzo non son dabondo. O abastecemento xestionábao a comunidade de veciños, pero ante este problema votaron e acordaron por maioría cederlla ao Concello. Aseguran que a causa da contaminación é a pésima xestión dos xurros das numerosas granxas de porco que acaban filtrándose aos acuíferos.

O Concello de Xinzo de Limia aprobou en pleno asumir o abastecemento de auga en Gudín, pero asegura que aínda non pode comezar a tratala porque non ten o permiso de cesión da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Dende este organismo din que están axilizando os trámites para o cambio de concesión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade