Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechan o aeroporto de Marsella e confinan o norte da cidade por un incendio

Pechan o aeroporto de Marsella e confinan o norte da cidade por un incendio

As violentas chamas están a verse favorecidas por un forte vento e polas temperaturas superiores aos 30 graos

G24.gal 08/07/2025 18:21

Un grande incendio declarado este luns obrigou a pechar o aeroporto de Marsella, un dos principais de Francia, e as autoridades chamaron os habitantes do norte da cidade e de varias poboacións próximas a manterse confinados e a pechar portas e xanelas pola forte fumareda.

As violentas chamas están a verse favorecidas por un forte vento mistral, polas temperaturas superiores aos 30 graos e pola secura da vexetación, en especial tras a onda de calor da semana pasada.

"O lume propágase cara a Marsella. Pídese aos residentes do distrito 16 que permanezan nas súas casas ata que se dean instrucións locais. O tráfico debe manterse o máis libre posible para permitir o traballo dos servizos de emerxencia", divulgou nas súas redes o Concello da segunda cidade máis poboada de Francia, con 850.000 habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade