España barre a Chipre (91-47) pensando en Grecia e Italia
Segundo triunfo dos de Scariolo no Eurobásket diante do rival máis feble
Os dous vindeiros partidos da fase de grupo marcarán o futuro do equipo español
A selección española de baloncesto fixo bos os prognósticos e pasoulle por riba a Chipre (91-47) logo dun partido no que continuou mellorando a súa imaxe e no que destacou por riba do resto Willy Hernangómez con 19 puntos e 25 de valoración.
Coa tranquilidade de terlle gañado a Bosnia - Herzegovina, o equipo de Scariolo entregouse ao trámite diante dos chipriotas coa vontade de asentar aquilo que fixeran ben, mirando de esguello os partidos de Grecia e Italia cos que finalizará a participación na fase de grupos.
- Ficha técnica:
91 - España (19+22+29+21): Saint-Supéry (9), López-Arostegui (2), Parra (5), Aldama (8), Willy Hernangómez (19) -cinco inicial-, De Larrea (3), Brizuela (8), Puerto (8), Pradilla (4), Juancho Hernangómez (9), Yusta (12), Sima (4).
47 - Chipre (9+8+12+18): Tigkas (2), Simitzis (-), Stylianou (5), Willis Jr. (16), Koumis (-) -cinco inicial-; Pashialis (4), Michail (2), Jung (2), Giannaras (-), Iliadis (7), Christodoulou (9).