Apuntan ao exceso de velocidade como causa do accidente mortal do futbolista Diego Jota e o seu irmán
Apuntan ao exceso de velocidade como causa do accidente mortal do futbolista Diego Jota e o seu irmán

A Garda Civil de Zamora apunta ao exceso de velocidade como posible causa do accidente que custou a vida ao xogador de fútbol do Liverpool Diogo Jota e ao seu irmán André Silva, tamén futbolista profesional e que que se produciu o pasado xoves na A-52, á altura da localidade zamorana de Cernadilla.
Segundo fontes do instituto armado consultadas por Europa Press, o informe pericial que se está elaborando para coñecer as causas do sinistro rexistrado o pasado 3 de xullo apunta ao exceso de velocidade como unha das razóns que provocou que o vehículo, un Lamborghini, se fose da vía antes de chocar contra a medianeira e acabar ardendo.
Os investigadores da Garda Civil, que tamén apuntaron inicialmente ao rebentón dun dos pneumáticos, están a analizar, entre outros aspectos, as marcas do vehículo na calzada e seguen profundando nun estudo que sinala, igualmente, que o máis probable é que o condutor do vehículo de alta gama fose o propio Diogo Jota.

O informe pericial, que aínda non está terminado, entregarase cando corresponda no xulgado da Pobra de Seabra.