Publicador de contidos

Publicador de contidos

A froita, de todo tipo e a calquera hora

A froita, de todo tipo e a calquera hora

Os nutricionistas recomendan tomar a froita de tempada e a poder ser coa pel

Os especialistas aseguran que non hai froitas boas nin malas, que o importante e consumilas

G24.gal 25/04/2026 14:52

Coa chegada do bo tempo, moitos son os que intensifican o benestar físico de cara ao o verán, e iso tamén inclúe os alimentos que inxerimos, especialmente a última hora do día. Unha das opcións máis escollidas por moitos para cear é a froita. Hoxe en día pódese acceder a froitas procedentes de todo mundo independentemente da tempada, o que fai que xurdan dúbidas sobre cales presentan máis propiedades saudables.

"É boa idea tomar froita a calquera hora, calquera froita, a poder ser de tempada e a ser posible coa pel. Estes mitos relacionados co consumo da froita o que fan é que reduzamos o seu consumo. Non hai froitas boas nin froitas malas", sentenza Lidia Folgar, dietista-nutricionista.

Moita xente non considera a froita unha opción para a cea sinalando o suposto contido en azucre que teñen estes produtos.

"Hai un mito da frutosa. A frutosa é unha compoñente  da froita, pero a froita non só ten frutosa senón que tamén ten fibra. A fibra o que fai é ralentizar a absorción das glicemias. Moita xente pensa que como a froita ten azucre eleva o azucre en sangue. Pero a nutrición non é un máis un igual a dous. A frutosa libre é a que leva as glucemias; a frutosa intrínseca nun alimento que ten fibra non eleva as glicemias, nin pola mañá nin pola noite", comenta Lidia Folgar.

Unha cea saudable non ten que ser só froita, pero de facelo cómpre que sexa coa súa pel, de tempada e deixar dúas horas antes de meterse na cama para evitar trastornos dixestivos.

"Temos que deixar de ter medo a consumir froita porque ao final consumimos outras cousas que son menos interesantes nutricionalmente", sentenza a especialista.

A efectos nutricionais e de saúde a froita é unha aposta segura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos