Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dun home de 79 anos nas termas de Prexigueiro, en Ribadavia

Atopan o corpo sen vida dun home de 79 anos nas termas de Prexigueiro, en Ribadavia

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as 12:30 horas, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara ao punto

Foi un particular quen viu o corpo do home flotando na auga e o sacou, pero malia os intentos de reanimación, non se puido facer nada por salvarlle a vida

G24.gal 28/05/2025 14:08 Última actualización 28/05/2025 15:06

Os servizos de emerxencia confirmaron este mediodía o falecemento dun home de 79 anos e veciño de Melón nas termas de Prexigueiro, na parroquia de Francelos, no concello ourensán de Ribadavia.

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as 12:30 horas, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara ao punto.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse do suceso aos membros do GES de Ribadavia, á Policía Local e aos Bombeiros do Carballiño.

Segundo a información recollida, foi un particular quen viu o corpo do home flotando na auga e o sacou, pero malia os intentos de reanimación, nada se puido facer por salvarlle a vida. Todo apunta a que morte puido producirse por causas naturais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade