Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabren as termas da Chavasqueira seis anos despois do incendio

Reabren as termas da Chavasqueira seis anos despois do incendio

Para o 14 de outubro está previsto o xuízo contra os dous acusados de provocar o incendio

G24.gal 06/10/2025 20:44

As termas da Chavasqueira, en Ourense, inauguráronse este luns pola tarde e abriranse ao público a partir deste martes, seis anos despois do incendio que calcinou as súas instalacións e a poucos días da celebración do xuízo.

En concreto, o xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Ourense entre o 14 e o 15 de outubro contra os dous acusados por un delito de incendio con perigo para a vida e a integridade física das persoas.

Á inauguración acudiu o alcalde de Ourense. Gonzalo Pérez Jácome dixo que as termas son "accesibles para todos con prezos populares" e destacou que tamén son un "atractivo" para os que visitan a cidade. "O éxito está garantido" engadiu o rexedor.

Reapertura seis anos despois do incendio

O incendio produciuse a noite do 24 de abril de 2019, e arrasou por completo as instalacións do complexo termal, situado a beiras do río Miño.

Inicialmente, o lume apuntaba a un curtocircuíto, pero acabouse determinando a súa intencionalidade, e en outubro de 2020 detivéronse dúas persoas como sospeitosas e que foron acusadas dun delito de incendio con perigo para a vida e a integridade física das persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade