Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudantes de medicina aprenden en Lugo os beneficios do termalismo

Estudantes de medicina aprenden en Lugo os beneficios do termalismo

Axudan a aliviar a dor, mellora a mobilidade e permite reducir o consumo de fármacos en doentes crónicos

En países como Francia, Italia, Portugal ou Alemaña, a balneoterapia está incluída no sistema nacional de saúde

 

G24.gal 11/04/2026 14:33 Última actualización 11/04/2026 15:11

As enfermidades reumáticas son a principal causa de discapacidade en adultos. Coa balneoterapia os doentes teñen menos dor e mellora a súa movilidade. Tamén ten beneficios nas afeccións respiratorias, neurolóxicas e da pel. E reduce o estrés.

"Hai patoloxías que son complicadas de tratar como a dor, e esta é unha opción", di Álvaro López, alumno de medicina.

"Emprégase moito para relaxarse e descansar, pero moitas veces non se coñecen os seus beneficios terapéuticos", asegura a súa compañeira Miriam Tilve.

Os dous mozos forman parte do grupo de estudantes de medicina que estes días se forma no balneario de Lugo na cura termal.

"Para que coñezan de que xeito os tratamentos nos balnearios poden axudalos no tratamento dos seus pacientes, ademáis está demostrado que a cura termal produce un importante aforro en fármacos", explica Benigno Amor, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia.

Aprenden as propiedades das augas termais para tratar unha doenza pero tamen para previla. 

"Os que viñeran o balneario nos meses previos a pandemia do covid tiveron menos hospitalizacións, estiveran menos graves", asegura Antonio Freire, médico especialista en Hidroloxía Médica.

Estas actividades forman parte do programa da Cátedra de Hidroloxia Médica da USC.

"Van ter o termalismo presente para aplicar terapias e esta parte médica vai favorecer a ocupación dos hoteis balnearios", di Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, que promociona a Cátedra de Hidroloxía Médica.

En países como Francia, Italia, Portugal ou Alemaña a balneroterapia está incluída no sistema nacional de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade