Restablecido o tráfico da A-52 en Allariz, cortada máis de doce horas por unha mancha de combustible
Restablecido o tráfico da A-52 en Allariz, cortada máis de doce horas por unha mancha de combustible
O sinistro debeuse á saída de vía dun tráiler
Despois de máis de doce horas, a circulación de vehículos foise restablecendo na A-52 á altura de Allariz preto das cinco da tarde. Permaneceu cortada desde pouco antes das 4,30 da madrugada do xoves por mor do combustible acumulado na calzada logo da saída de vía dun tráiler.
O suceso ocorreu no quilómetro 206 da A-52, na parroquia de Requeixo de Valverde. O condutor do tráiler alertou o 112 Galicia no momento do accidente, que ocorreu dez minutos antes das 4:30 horas desta madrugada. Durante a comunicación sinalou que non quedara ninguén ferido e que o vehículo obstaculizaba parcialmente a circulación tras colidir contra a medianeira.
Con todo, cando os operarios de mantemento chegaron ao lugar comprobaron que o depósito do camión estaba afectado e que derramara todo o combustible sobre o asfalto. Pouco despois uniríanse os Bombeiros de Xinzo.
📢⚫️ Cortada en #Ourense, en la A-52, en Allariz, sentido a la capital de la provincia.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) May 15, 2025
➡️Accidente entre el P.K. 202-210.
➡️Desvío debidamente señalizado.
🚨Más ℹ️en @InformacionDGT y en boletines de📻. pic.twitter.com/gcvRWZ5ydd
A autovía permaneceu cortada en sentido Vigo entre os puntos quilométricos 202 e 210. O desvío foi debidamente sinalizado.
A primeira hora o camión xa fora retirado por un guindastre. Conservación de estradas traballou para repor os quitamedos que o trailer levou por diante. O camioneiro resultou ileso. Sospeitan que quedou durmido.