Publicador de contidos

Publicador de contidos

Embutidos de porco celta cun toque de pementos de Padrón

Embutidos de porco celta cun toque de pementos de Padrón

Forman parte da gama Rabiosa, produtos artesáns coa que a empresa Cienporcel busca diferenciase no mercado

O seu chourizo recibiu un premio ao sabor no certame Great Taste de Londres

G24.gal 27/05/2025 20:29 Última actualización 27/05/2025 21:02

Hai cinco de anos que Martín e a súa muller comezaron a criar porcos celtas nestes montes de Cenlle. Nun principio ían destinar a carne á hostalería, pero a pandemia obrigounos a mudar de idea e decidiron elaborar embutidos.

Comezaron cunha liña tradicional, pero pronto deron o salto ao que eles denominan como embutidos de autor.

"Buscabamos algo diferente e cen por cento galego, afirma Martín Touceda, propietario da empresa Cienporcel, e decidimos facer chourizo de porco celta con pemento elaborado con pementos de Padrón. Pican na boca, engade, pero non na lingua nin no estómago".

Un produto premiado cunha estrela polo seu sabor no certame Great Taste de Londres. Forma parte da gama Rabiosa, pero contan ademais con outros produtos diferenciados na procura dun maior aproveitamento do porco celta.

Entre as últimas incorporacións, unha especie de guanciale galego elaborado a base de papada adobada ou unha crema de queixo con touciño entrefebrado rabioso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar