Alugueiros efémeros de locais para revitalizar a zona histórica de Ribadavia
Trátase dun proxecto de dinamización comercial que a Xunta de Galicia quere trasladar despois a outra vilas semellantes
É o máis visitado de Ribadavia polo seu valor histórico e monumental pero no barrio xudeo a actividade comercial hai tempo que foi a menos. Intentar devolverlle a vida que tiña noutrora é o obxectivo do programa Vilas Vivas.
Un proxecto no que o concello, coa colaboración da Xunta, alugará os baixos que están sen uso na zona histórica por un periodo de dous anos, prorrogables. Xa ten a súa disposición 13.
O seguinte paso será acondicionalos e, por último, ofertalos para diferentes actividades efémeras, relacionadas co comercio, a artesanía ou o viño, entre outras temáticas. Feiras que se organizarán durante as fins de semana complementando as vendas con eventos lúdicos ou culturais.
Contan con pór en marcha as primeiras actividades de dinamización comercial en outubro, cando o número de visitantes adoita baixar tras a fin do verán. Para desenvolver este proxecto a Xunta ven de aprobar un convenio que ascende a case 600 mil euros en dous anos. O obxectivo é avaliar e trasladar este programa a outras vilas con zonas históricas e condicións semellantes.