Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crean un dispositivo, o 'Bovimasc', que mide as emisións de metano polo fociño

Crean un dispositivo, o 'Bovimasc', que mide as emisións de metano polo fociño

Investigadores da USC desenvolven un prototipo de máscara facial co fin de seleccionar xeneticamente o gando que contamine menos

Exemplar de gando vacún coa mascara facial que mide as emisións de metano
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso García Novoa. 07/07/2025 19:58 Última actualización 07/07/2025 20:33

Contrariamente ao que se cría, a maior do metano que produce o gando vacún non se emite por vía rectal, senón polo fociño. En concreto, ata o 95 por cento.

Por esta razón, no Campus Terra da universidade compostelá crearon un dispositivo capaz de medir a cantidade deste gas que exhala cada vaca. Trátase do proxecto Bovimasc, desenvolvido por un doutorando de Veterinaria en colaboración co grao de Robótica da Escola Politécnica.

"Bovimasc consiste nuns tubos que van facer unha toma de aire exhalado da rexión oronasal para posteriormente analizalo nun sensor de metano e así obter a concentración dese gas que están emitindo as vacas", explica Jacobo Álvarez, investigador do Campus Terra. 

O fin último desta investigación é reducir a emisión de metano nas explotacións gandeiras. Para iso, resulta clave a selección xenética dos animais que contaminen menos.

"Este dispositivo tamén nos axudaría a realizar unha selección xenética en prol da sostibilidade e da eficiencia no gando vacún. Porque tamén se sabe, por diversos estudos, que as vacas amosan unha alta variabilidade en canto á emisión de metano", sinala Álvarez. 

O prototipo da máscara facial que mide o metano exhalado xa se está probar no gando da granxa experimental Gayoso Castro da Deputación de Lugo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade