Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores da Xunta comezarán a cobrar este mes a suba do 0,5 % pendente

Os traballadores da Xunta comezarán a cobrar este mes a suba do 0,5 % pendente

O Consello da Xunta aprobou trasladar o acordo da semana pasada do Consello de Ministros para aboar as cantidades que se lles debían aos traballadores da administración galega

Estes atrasos supoñen un custo de 53 millóns de euros para as arcas da Xunta

G24.gal 07/07/2025 14:13 Última actualización 07/07/2025 14:49

O presidente da Xunta Alfonso Rueda comunicou este luns que os traballadores públicos comezarán a percibir a subida salarial do 0,5 % desde a nómina do mes de xullo e o custo total supoñerá 53 millóns de euros para as arcas da administración galega.

O presidente galego explicou que o Executivo autonómico actuou tras recibir a autorización pertinente despois da publicación o pasado xoves dunha resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE) na que se aprobou o incremento adicional do 0,5 % nas retribucións do persoal ao servizo do sector público.

Este incremento é retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024.

Deste xeito, no pago correspondente ao mes de xullo incorporarase a subida pendente e correspondente á primeira metade deste ano 2025 mentres que na nómina do mes de agosto se ingresará o montante pendente que corresponde a todo o ano 2024.

Desde ese momento, as nóminas dos funcionarios da Xunta xa incluirán a subida do 0,5 % de cada mes.

Segundo os cálculos da Xunta, este incremento salarial supoñerá un custo de 53 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade