Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Mil catrocentas persoas festexan a Ruta dos Fornos de Cea

05/07/2025 21:19

Percorren os fornos tradicionais nunha ruta con degustación en que o pan se combina con outros produtos con denominación de orixe, coma o queixo de Arzúa ou a tenreira galega

Este domingo é o día grande da Festa de Exaltación do Pan de Cea, que vai xa pola XXXII edición


O Couto Mixto celebra a súa singularidade como república independente

05/07/2025 15:33

Coma cada ano por estas datas, os veciños do antiguo Couto Mixto conmemoran hoxe a súa singular historia como república independente entre os reinos de Galicia e Portugal

Durante máis de setecentos anos, ostentaron privilexios como o libre comercio ou a exención de impostos


Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa

05/07/2025 09:25

Entre os dous arrasaron máis de 90 hectáreas

Extinguido o incendio forestal en Lousame, que afectou a 37 hectáreas

Outro incendio provocou alarma en Chandebrito (Nigrán), onde outro lume provocara a morte de dúas mulleres en 2017


Ourense conta con novos termómetros nas rúas para substituír o que asustaba coas súas marcas

04/07/2025 14:04

Os vellos termómetros marcaban datos erróneos, e coa calor disparábase a temperatura


Imaxe de arquivo dun incendio forestal en San Cristovo de Cea, en agosto de 2024 (Rosa Veiga/Europa Press)

Activo un incendio en Chandrexa de Queixa, que afecta máis de 50 hectáreas

04/07/2025 12:22

Iniciouse de madrugada na parroquia de Parafita

Para a súa extinción mobilizáronse un técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, unha pa, 2 helicópteros e 3 avións


Os resultados foron sorprendentes nos 30 pacientes que participaron na investigación

A auga das Burgas, boa contra a acne

03/07/2025 21:21

Así o revela un estudio realizado por unha estudante de enfermería de último ano 

O tratamento consistiu en 14 lavados tópicos con estas augas termais ao longo dun mes 

Etiquetas:  TERMALISMO

A rúa Curros Enríquez de Ourense tivo que ser cortada ao tráfico

Un condutor perde o control e esnáfrase contra un farol en Ourense

03/07/2025 16:48

O accidente, no que non houbo feridos, obrigou a cortar o tráfico na rúa Curros Enríquez durante unha hora


Imaxe de arquivo

Morre unha persoa durante un incendio agrícola en San Cristovo de Cea

02/07/2025 19:10

O sinistro produciuse na parroquia de Oseira


Nas parroquias de Moreda e de Seoane

Controlado un incendio forestal que chegou a ter ata cinco focos en Monforte

01/07/2025 21:30

Estabilizado outro incendio na Mezquita tras calcinar máis de 30 hectáreas


A Xustiza arquiva a causa dos audios contra Jácome por seren probas ilícitas

01/07/2025 19:38

O xuíz considera que as gravacións vulneran dereitos fundamentais e non poden utilizarse no proceso

O TSXG mantén o cesamento do interventor de Ourense pero eleva a indemnización a 75.000 euros por acoso laboral


Foto de arquivo/Europa Press

Unha paciente agride unha médica de urxencias no Hospital de Ourense

30/06/2025 19:39

A médico sufriu "lesións e hematomas" por parte dunha paciente que se negou a respectar a súa quenda e esixiu ser atendida inmediatamente


Deshidratación, esgotamento e golpes de calor son os perigos de traballar fóra nestes días

29/06/2025 21:03

As altas temperaturas rexistradas estes días supoñen un reto importante para os traballadores. A

A aldea do Puxedo, en Lobios, é exemplo de loita contra o feísmo en Galicia

27/06/2025 14:30

O presidente da Xunta destacou que a meta é transformar outros lugares de Galicia para que sexan mellores sitios para vivir e visitar

As axudas do programa de corrección de impactos paisaxísticos nos últimos anos achéganse aos 12 millóns de euros


Foto COB

O Ourense ficha o internacional bahameño Kentwan Smith

26/06/2025 11:49

Chega procedente do Anorthosis Famagusta de Chipre, equipo co que disputou a FIBA Europe Cup a pasada tempada

Etiquetas:  COB OURENSE


Reclaman o arranxo dunha pasarela de madeira, único acceso a unha vivenda da Bola

25/06/2025 14:24

Está moi deteriorada por mor da podremia que afecta as táboas da infraestrutura

Etiquetas:  OBRAS

O TSXG absolve a parella de Nerea Añel do delito de homicidio por omisión

25/06/2025 14:15

O ditame do recurso destaca que se vulnerou a súa presunción de inocencia


Javier Orbán será esta tarde o presidente da U. D. Ourense

25/06/2025 10:48

Orbán: "A medio prazo queremos consolidarnos e dar o salto"


Obras no encoro de Guístolas

Cortan a subministración de auga polas noites no concello de Trives polas obras no encoro

24/06/2025 17:02

A medida afecta o núcleo de Trives, onde vive a maior parte da poboación do concello, e a aldea de San Fiz

Está previsto que as obras rematen antes do 11 de xullo


Abre o parque acuático de Monterrei, para divertimento e refresco dos ourensáns

20/06/2025 14:46

As instalacións, con cabida para 2.500 persoas, estarán abertas ata o 14 de setembro de 12 da mañá a 9 da noite 

No verán pasado pasaron polo recinto de Monterrei 96.500 usuarios

 


Jesús Arribas, técnico do Arenteiro: "Quero que a xente goce co equipo"

20/06/2025 14:32

Arribas ten 28 anos e chega do Raio Majadahonda


Novo golpe aos roubos con violencia en Ourense

20/06/2025 14:26

A Garda Civil detivo cinco persoas que presuntamente pertencen a unha banda criminal

A mesma á que lle imputan o asalto a unha vivenda de Lobios que deixou malferido o seu propietario

Cando non podían asaltar casas e negocios, dedicábanse ao cobre

Etiquetas:  ROUBOS

Cinco días de música, mercado e actividades nas festas do Corpus de Ourense

19/06/2025 21:19

O mercado medieval estrea nova localización, deixa a zona vella do centro e trasládase á contorna da Ponte Romana e o parque dos Remedios

Luis Zahera deu o pregón das festas, que se alongan ata o domingo

Etiquetas:  FESTAS   CORPUS

Detidos na operación Sarxento Moreiras/ Garda Civil de Ourense

Cinco detidos e catro investigados por roubos en domicilios e en negocios de Ourense

19/06/2025 17:38

Tamén acúsanos de tres roubos con forza en estancos de Castrelo de Miño, Celanova e Froure nos que levaron tabaco por valor de 100.000 euros

 

Etiquetas:  ROUBOS

Diego Regueira, novo presidente do COB, confía en Moncho López ata o 2028

19/06/2025 14:12

Regueira: "Xerar dinámica positiva e ser ambiciosos. Moncho López achéganos calma"

En 2028 o COB estará de aniversario, fará 50 anos

Etiquetas:  COB OURENSE

Vacas contra a maleza na aldea de Casardeita, en Ramirás

19/06/2025 14:07

Os veciños cedéronlle as leiras a un gandeiro da zona para que as súas reses as manteñan limpas

Evitan contratar a alguén para que roce as súas propiedades e afastan o risco de incendio


O cadáver foi atopado por efectivos da Garda Civil

Atopan no río Limia un cadáver que podería ser o do home de 40 anos desaparecido en Xinzo

17/06/2025 20:24

O corpo apareceu á altura do Parque do Toural e foi localizado polo equipo de submarinistas da Garda Civil


Un mural inmortaliza o oficio do afiador en San Xoán de Río

17/06/2025 14:38

É obra do artista urbano Mon Devane, retratista de oficios e identidades do rural

Juan Pérez é o veciño da aldea de Castiñeiro que personaliza esta homenaxe a toda unha profesión


Allariz celebra a festa do boi recreando a orixe coa participación de centos de veciños

15/06/2025 19:53

Primeira fin de semana da festa está centrada no aspecto cultural e histórico


O pendello no que puido comezar o incendio

Un incendio preto das casas alerta a veciñanza do barrio ourensán de Covadonga

15/06/2025 17:04

Sospeitan que o lume comezou nun pendello habitado por unha persoa indixente e logo prendeu no monte


Estado no que quedou o primeiro piso da casa de Placeres tras o incendio de onte a noite

Arde a vivenda dunha muller de 88 anos en Paradela de Abeleda, Porqueira

15/06/2025 11:09

O lume iniciouse na peza onde dorme a anciá,  na primeira planta da casa

Placeres, a dona da casa, estaba na planta baixa vendo a televisión e non se deu conta de nada ata que lle faltou a luz

A sospeita é que puido ser un curtocircuíto o que orixinou o incendio


Abre a AG-53, cortada desde a madrugada tras irse fóra da vía un coche e envorcar un camión en Punxín

14/06/2025 10:33

O tráiler envorcou tras tentar esquivar un turismo sinistrado que estaba no medio da vía

O camioneiro tivo que ser excarcelado e o condutor do turismo sufriu feridas graves nas pernas

Cumpriu habilitar un trazado alternativo pola estrada nacional ata que un guindastre conseguiu retirar o remolque


Xesús Fariñas

Comeza o Rally de Ourense, con Javier Pardo facendo o mellor tempo

13/06/2025 14:58

Esta tarde haberá dobre pasada por Taboadela, polo treito A Merca-Celanova e por Toén

Categorías:  Deportes   Motor   Ourense
Etiquetas:  RALLY DE OURENSE

Julio Iglesias pasará parte do verán en Piñor

12/06/2025 15:05

Os veciños, encantados con ter "un artista dese nivel vivindo entre nós"

O artista anuncia que se instalará coa familia na súa nova casa de Piñor

Etiquetas:  VIVENDA   VERÁN

A contaminación do encoro das Cunchas chega ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

12/06/2025 14:20

Os veciños acusan os concellos da zona, a Xunta e a Confederación Hidrográfica de vulnerar dereitos fundamentais da poboación ao non tomar medidas contra as cianobacterias

Trátase dunha demanda pioneira a nivel europeo


Arquivo

O exmozo de Nerea Añel, condenado por maltratala en dúas ocasións

11/06/2025 13:09

O Xulgado do Penal Nº1 de Ourense impúxolle unha pena de 80 días de traballos en beneficio da comunidade

O TSXG estuda o recurso de apelación presentado pola defensa do acusado contra a sentenza da Audiencia de Ourense que ratificaba a condena de 10 anos de cárcere por homicidio 


Multiplícanse os incendios en espazos deteriorados pola falta de mantemento

10/06/2025 14:55

Raro é o día en que non arda un edificio abandonado en Galicia  


Carlos Canal: "Antes ou despois chegarán as vitorias"

10/06/2025 10:59

O ciclista de Xinzo está a piques de rematar a primeira parte da temporada antes do descanso e de preparar a Volta a España


A operación antidroga de Ourense saldouse coa maior incautación de heroína en España

09/06/2025 15:28

Pedro Pacheco, xefe superior da Policía Nacional en Galicia, destacou que a operación é "posiblemente a maior aprehensión de heroína a nivel nacional no que vai de ano"

A comisaría afirma que pretende resolver as inquedanzas cidadás acerca da problemática derivada do tráfico de estupefacientes


Publicidade
Publicidade