Comeza o Rally de Ourense, con Javier Pardo facendo o mellor tempo
Esta tarde haberá dobre pasada por Taboadela, polo treito A Merca-Celanova e por Toén
Está en marcha o Rally de Ourense. Esta mañá celebrouse no Pereiro de Aguiar o treito espectáculo e esta tarde Taboadela abre a verdadeira competición. Javier Pardo foi o mellor no Pereiro de Aguiar. Dous segundos sobre Cohete Suárez, o compañeiro no Recalvi Team. O terceiro mellor tempo foi para o coruñés Álvaro Muñiz.
Os mellores tempos foron para os Skoda. Entre os dez primeiros a diferenza é de doce segundos. O treito era de catro quilómetros. Os favoritos están igualados.
Esta tarde haberá dobre pasada por Taboadela, polo treito A Merca-Celanova e por Toén. Serán treitos nocturnos. Esta é a terceira proba do Supercampionato. Todo en asfalto tras Serra Morena e Lorca. Ourense e Rías Baixas son as grandes citas en Galicia.