Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Pardo triunfa na casa e gaña o Rallye de Ourense

Javier Pardo triunfa na casa e gaña o Rallye de Ourense

O piloto de Allariz convértese no primeiro local que gaña a proba do CER en corenta anos

A saída de pista de Cohete Suárez, cando ía líder, despexoulle o camiño ao triunfo

Dani Berdomás rematou se segundo a máis de minuto e medio

G24.gal 14/06/2025 17:57

Rematou o Rallye de Ourense, unha das probas de referencia no calendario nacional de asfalto, e que este ano gañou un piloto da casa. Javier Pardo estivo na cabeza toda a proba. Impúxose nos dous primeiros treitos, aínda que no terceiro foi superado por Cohete Suárez. O piloto asturiano púxose de primeiro no TC3, pero no cuarto, a segunda pasada por Taboadela, protagonizou unha espectacular saída de pista que o obrigou a abandonar o rally canda seu copiloto, Alberto Iglesias Pin. Afortunadamente ningún dos dous sufriu lesións no accidente. 

Así as cousas, Javier Pardo volvía marcar o mellor tempo, e encaramábase a unha primeira posición que xa non abandonou no resto do rally. O piloto de Allariz foi un auténtico martelo, que se impuxo en once dos 14 treitos do rally. So permitiu un scratch de Suárez (TC3), outro de Pepe López (TC6), que rematou a proba no terceiro chanzo do podio a 2’20”, e outro de Dani Berdomás (TC8), que foi o segundo do rally a 1.41” de Pardo.

O gañador permitiuse marcar o scratch nas dúas pasadas polo treito de Toén. A última vímola en directo na G2, e nela asegurou o triunfo final con outro scratch, que o lanza na loita polo supercampionato de España de rallys.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade