Publicador de contidos

Publicador de contidos

O accidente de Javier Pardo obrígao a abandonar o Rally de Ourense

O accidente de Javier Pardo obrígao a abandonar o Rally de Ourense

Cohete Suárez, gañador dos tres primeiros rallys da temporada, é o favorito nunha proba con doce treitos e que remata hoxe

O ourensán Pardo tivo unha saída da estrada na segunda pasada do "shakedown"

G24.gal 12/06/2026 09:46

Todos contra Cohete Suárez, porque ganou as tres primeiras citas e, de repetir nas estradas da chispa, acariñaría o Supercampionato.

Pero hai oposición, un Diego Ruiloba cada vez máis adaptado ao Lancia e unha armada galega onde Jorge Cagiao xa se estreou co Toyota cun podio este sábado en Pontevedra.

Conten sempre con Iván Ares, que sabe o que é ganar a proba, con Álvaro Muñiz, mestre da pilotaxe. E, por suposto, pista libre para Javier Pardo. Certo que volve coller o volante sete meses despois, pero controla o Skoda e mamou o rally. No Rally de Ourense comezan as carreiras este venres co prebe de tres tramos nocturnos e, ollo, de noite todos os gatos son Pardo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade