Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multiplícanse os incendios en espazos deteriorados pola falta de mantemento

Multiplícanse os incendios en espazos deteriorados pola falta de mantemento

Raro é o día en que non arda un edificio abandonado en Galicia  

G24.gal 10/06/2025 14:55

O incendio dun edificio en pleno centro da Coruña non é un caso illado. Este mesmo luns ardía en Ourense unha antiga imprenta abandonada. Descoñécese a orixe das lapas que calcinaron este espazo que era frecuentado pola rapazada. A ocupación ilegal de edificios abandonados multiplicou nos últimos tempos o risco de incendios neles.

"Os edificios teñen unha normativa moi estrita na lei de réxime local que obriga o Concello a supervisar os edificios que están abandonados polos propios propietarios, que non poden estar nunha situación de perigosidade para a cidadanía", segundo Antón Bouzas, Coordinador do Foro Socioeducativo Os Ninguéns.
 

O mal estado de moitos edificios, con estruturas de madeira e cadros eléctricos en malas condicións, é o xermolo de incendios que arrasan con eles e poñen en risco a veciñanza. Engade Bouzas que "neses espazos hai un alto índice de accidentes a moitos niveis, moitas veces porque se descoñecen cousas que pasan neses edificios, porque son altamente perigosos".

Especialmente arrepiante foi o incendio dunha vivenda próxima á praza de América en Vigo en que morreron unha nai e tres dos seus fillos. Houbo máis dunha ducia de feridos nun suceso orixinado por un fallo no cadro eléctrico do edificio de cinco andares onde vivían. A falta de mantemento dos edificios antigos fai que aumente o risco de que se repitan traxedias coma esta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade