Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta confirma que a sentenza do TXUE sobre a tramitación de eólicos coñecerase en agosto

A Xunta confirma que a sentenza do TXUE sobre a tramitación de eólicos coñecerase en agosto

Será o 1 de agosto ás 10:00 horas

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, espera conseguir que Galicia teña neutralidade climática en 2040

Un parque eólico, ao 28 de marzo de 2025, en Muras, Lugo (Carlos Castro/Foto de arquivo/Europa Press) Un parque eólico, ao 28 de marzo de 2025, en Muras, Lugo (Carlos Castro/Foto de arquivo/Europa Press)
G24.gal 12/06/2025 16:46

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, confirmou a data na que se coñecerá a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre a cuestión prexudicial en relación aos parques eólicos presentada polo TSXG. Será o 1 de agosto ás 10:00 horas.

A conselleira lembrou que o proceso partiu do Alto Tribunal galego que, "a pesar de ter catro sentencias do Tribunal Supremo que dan a razón á Xunta, decidiron ir a Europa".

Destacou ademais que o Goberno central vai en "a mesma sintonía" que a Xunta, como outros países da UE.

"O que alegaron é que había unha mala transposición da directiva europea, que non ten sentido porque xa van 12 anos e nunca houbo ningún problema", sinalou.

A responsable autonómica espera conseguir a seguridade xurídica necesaria para que Galicia siga coa formulación actual: ter neutralidade climática en 2040.

"Se non imos pola vía da enerxía limpa e verde, é imposible e inviable", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade