Publicador de contidos

Publicador de contidos

O maquinista do Alvia di que se sente "morto en vida" e "perdoado" pola maioría das vítimas

O maquinista do Alvia di que se sente "morto en vida" e "perdoado" pola maioría das vítimas

Francisco José Garzón Amo dixo no programa Salvados de La Sexta que o seu desexo de que "se saiba todo" e haxa xustiza e reparación

Di que non ten medo de ir ao cárcere porque a súa existencia  pasa por "revivir sempre" aquela véspera do Día de Galicia.

Francisco José Garzón Amo declarando no xuízo celebrado en Santiago de Compostela Francisco José Garzón Amo declarando no xuízo celebrado en Santiago de Compostela
G24.gal 14/09/2025 23:52

Francisco José Garzón Amo era o maquinista do Alvia que o 24 de xullo de 2013 descarrilou chegando a estación de Santiago de Compostela. No accidente morreron 80 persoas. Agora, di que sente "morto en vida" a pesar de saberse "perdoado" pola maioría de vítimas daquela traxedia ferroviaria.

"A mente autoprotéxese", declarou no espazo Salvados de LaSexta, emitido este domingo. No programa contou que cando todo sucedeu non houbo interese por el, "non se preocupou ninguén de min"; engadiu que ademais as esposas llas puxeran na habitación do hospital ao que el chegou nun coche de policía e onde estaba acompañado pola súa nai.

"Un criminal", así confesou sentirse, tamén cando o seu nome, apelidos e dirección empezaron a publicitarse. "Quen filtrou todo iso?", preguntouse, e el mesmo; e a sí mesmo contestouse que ían a por el, por un traballador compunxido por un "trompazo que foi bestial".

"Non deixa de ser un accidente por falta de medidas de seguridade que me protexesen a min e ás vítimas", expresou.

Francisco José Garzón mostrou, a continuación,  o seu desexo de que "se saiba todo" e haxa xustiza e reparación. Explicou que estas eran as dás. Por estas dúas razóns, segundo asegurou, quixo dar o seu testemuño por vez primeira nun medio.

O ferroviario, xa xubilado, foi condenado en primeira instancia a dous anos e medio de prisión, do mesmo xeito que o excargo de Adif Andrés Cortabitarte. En cambio, non sente "medo" ante a posibilidade de ir ao cárcere.

"Eu medo non teño", dixo, salvo pola súa nai, que xa é maior.

"Se non fose pola miña nai, a min dáme o mesmo"

Insiste en que que da igual porque, unha e outra vez, a súa existencia pasa por "revivir sempre" aquela véspera do Día de Galicia.

"A miña vida está marcada", resolveu ao rememorar o accidente na curva da Grandeira, á altura do barrio de Angrois, tras o cal pensou "matáronse todos".

Paco Garzón, como lle chaman no seu círculo íntimo, mantén hoxe un "perfil baixo", o que pode, porque sente "fodido", remarcou.

O maquinista do Alvia durate a súa declaración no xuízo O maquinista do Alvia durate a súa declaración no xuízo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade