Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouba dúas veces na mesma noite nun bar que está xusto en fronte da comisaría da Policía de Santiago

Rouba dúas veces na mesma noite nun bar que está xusto en fronte da comisaría da Policía de Santiago

O ladrón volveu de segundas para tentar levar o caixón de autocobro 

Investigan se a proximidade da sede policial incidiu en que non saltaron as alarmas 

G24.gal 12/06/2025 14:50

Unha cafetería do centro de Santiago sufriu dous roubos na mesma noite. O máis sorprendente é que foi xusto diante da comisaría da Policía Nacional e que esa proximidade coa sede policial mesmo pode ser a causa de que non saltara a alarma do local. 

Nas imaxes das cámaras de seguridade do bar vese como entra o ladrón pouco despois da unha da mañá e marchou axiña co primeiro que colleu, entre outras cousas unha botella de xenebra e un pequeno ordenador de traballo.

Pero volveu horas despois, para completar o botín.

"Sobre as catro menos cuarto da mañá volveu entrar xa decidido a levar a caixa de autocobro; non contaba que pesase o que pesa, sobre uns 80 quilos, e caeulle ao chan, logo arrastrouna", segundo explica Guillermo Varela, un dos propietarios do bar Bonsai. 

En vista de que non conseguiu abrila, foi rastrexar as dependencias traseiras do bar e aí, ao fin, saltou a alarma. Malia que puxeron unha especial, compatible cos inhibidores da sede policial, os donos do Bonsai non se explican porque os sensores da entrada non funcionaron.

Agardan que a investigación que están facendo os técnicos da empresa de seguridade resolva este misterio. E tamén confían en que a partir desta experiencia os veciños de en fronte poñan máis ollo no que pasa arredor.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade