Publicador de contidos

Publicador de contidos

A intervención dunha muller pon en fuga unha parella que intentaba roubar na Coruña

A intervención dunha muller pon en fuga unha parella que intentaba roubar na Coruña

A muller berroulles e os ladróns fuxiron tras romper o escaparate dun comercio céntrico

A vítima do intento de roubo onda os operarios que traballaban este luns á mañá no escaparate roto nunha tenda da rúa San Andrés da Coruña
G24.gal 09/06/2025 14:12

Os cristaleiros traballaban esta mañá do luns nun apaño de urxencia no escaparate desta rúa do centro da Coruña roto nun intento de roubo a madrugada do domingo.

"Viu dúas persoas aquí na esquina cando se asomou á ventá tras o estrondo do escaparate e unha dicíalle á outra de ir como que os pillaran", di Ferdy Torrealba, deseñador e dono da tenda.

Segundo o testemuño da veciña, os autores, un home e unha muller, fuxiron en dirección á rúa Orzán. Ferdy queixábase este luns do prexuízo que lle ocasionaron cando está en vésperas dun evento conmemorativo do aniversario da súa actividade de deseño e comercialización de roupa.

"Amólame bastante, porque o sábado teño un evento e o negocio perde visibilidade co escaparate estragado. A policía tomoume declaración para poder reclamar ao seguro e demais xestións administrativas", explica Torrealba.

Tamén critica a actitude que observou en policía e cidadáns nos momentos inmediatos ao intento de roubo.

"Cando estaba a recoller os cristais de madrugada, si que pasara a Policía Local e balizou con cinta, pero eu podía estar desvalixando o local cando pasou unha patrulla da Policía Nacional e nin se decatou a xente que pasa pola rúa nin che di nada", di o dono do establecemento.

Noutro negocio coruñés, situado en Catro Camiños, utilizaron un método similar para roubar e neste caso, ao parecer, si que o lograron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade